As leccións de Idiomas de Pescalex están deseñadas para PRINCIPIANTES no idioma inglés, e que teñan como lingua materna o francés, español, grego, noruegués, polaco, portugués, sueco, húngaro, turco ou galego.

Trátase dunha ferramenta de aprendizaxe en liña deseñada como apoio aos cursos tutorizados VOLL . Axudará aos principiantes de cada idioma a aprender unha gramática básica e palabras clave en inglés.

NON se trata dun curso completo en liña . Simplemente dá puntos gramaticais claves no marco dun contexto vocacional (acuicultura). Deseñouse o formato en liña para dar aos principiantes a posibilidade de entender e manexar oracións sinxelas coas palabras máis elementais.

Nos casos nos que o idioma do usuario ten unha estrutura completamente diferente do inglés (por ex . os substantivos en masculino e feminino do francés), as explicacións de estrutura ofrécense tanto en inglés coma no idioma materno do usuario.

Cada lección divídese en TEXTO, GRAMÁTICA, DEBERES aos que se accede a través dos menús interactivos na parte superior de cada páxina.

As páxinas de TEXTO tamén conteñen material de audio , que se pode escoitar pasando o cursor por enriba das palabras. Fai clic nas partes resaltadas para escoitar o termo gravado por nativos (asegúrate de dispoñer do programa necesario, neste caso Quicktime Player ).

No Nivel 1 aprenderás:

O uso de: números (lección 1); artigos definidos (1); artigos indefinidos the/a/an (2); pronomes demostrativos -this/that/these/those (2); singular/plural dos substantivos (1, 3); plural irregular (3, 4); substantivos contables/incontables (6); many, some, few, a lot of, more (6).

O uso dos verbos: auxiliares is, are (lección 1); auxiliaries has, have (2); this is, there are (2, 3); tempo presente (formas e funcións) (11, 12, 13); concordancia entre suxeito e verbo (11-13).

Como facer frases afirmativas / negativas; como facer unha negación (lección 2); como facer e responder preguntas (2); resposta verdadeiro / falso (4); como dicir a hora (6).

Medidas simples: temperatura (lección 9); distancia, superficie, ancho, alto (10); volume (10).

Preposicións; de lugar (lección 8); de tempo (9); os días (13); os meses (14).

No Nivel 2 aprenderás: adxectivos (lección 2); adverbios (2); comparacións (3); pronomes persoais / relativos (4); o imperativo (5); tempo pasado (6); futuro simple(7); condicionais (7); modais / xerundio (8); o pasivo (9).